A BIBLIOTECA ESCOLAR

A BIBLIOTECA ESCOLAR COMO INSTRUMENTO COMPENSADOR DE DESIGUALDADES. CEIP Plurilingüe A Pontenova

miércoles, 25 de abril de 2012

EQUIPO DE BIBLIOTECA
 &
PLURILINGÜISMO

O Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Plurilingüismo elaborou tamén materiais de apoio ao proceso de Ensinanza-Aprendizaxe dos rapaces en Lingua Inglesa. Achegámosvos unhas presentacións multimedia sobre a "Modern Age" e a " Contemporary Age".


martes, 24 de abril de 2012

 


Esta é a "VENTÁ DA NOSA BIBLIOTECA". Se pinchades nela podedes ver fotos do noso alumnado ao longo de todo o proxecto.

lunes, 23 de abril de 2012


A BIBLIOTECA ESCOLAR COMO “INSTRUMENTO” COMPENSADOR DE DESIGUALDADES

UN PASEO AO LONGO DA HISTORIA

Entendemos por competencia social e cidadá a habilidade que permite á persoa coñecer e comprender a realidade social que a rodea, de convivir nela de maneira activa, responsable, integradora e democrática.


Esto implica saber relacionarse, saber e querer comprender aos demais e cooperar con eles, así como ser competentes para resolver de maneira pacífica as situacións que xeneran as relacións sociais e a convivencia.


Ter competencia social significa ser capaz de manter relacións axeitadas con outras personas, é decir, ter un funcionamento eficaz dentro dos contextos sociais dos que forma parte.


Esta competencia pretende que o alumnado logre coñecementos precisos sobre a organización, o funcionamento e a evolución das sociedades actuais e do sistema democrático, así como acerca dos rasgos e valores de éste, ademais, que desenvolva as destrezas precisas para identificar problemas no seu entorno, analizar e reflexionar sobre as súas experiencias personais, obter, interpretar e valorar información relevante, elaborar propostas, que en definitiva, lle permitan desenvolverse con responsabilidade e autonomía crecente; e tamén que desenvolva un espíritu crítico para cos distintos feitos sociais, actitudes activas de escoita, diálogo, solidaridad... e valores democráticos e cívicos, de xustiza social e respecto á diversidade... e que madure unha conciencia tanto de propia identidade como das inxustizas, problemas e desigualdades das sociedades contemporáneas.


Para esto, consideramos imprescindible que o alumnado desenvolva á vez outras competencias tales como a lingüística, a de aprender a aprender e a do coñecemento do medio físico e social. Gracias a este traballo interdisciplinar e a través da Biblioteca Escolar conseguimos que o alumnado sexa capaz de coñecer a sociedade na que vive, tanto a sociedade próxima aos propios estudiantes como a problemática realidade social do mundo actual, a súa evolución histórica a través do tempo e os seus avances e conflitos máis significativos.


É necesario que o alumnado coñeza as experiencias colectivas e a organización e funcionamento das diferentes sociedades, a través da historia, así como a súa riqueza cultural, a pluralidade do que é e foi a sociedade española e europea así como os espazos e territorios nos que se desenvolve agora e se desenvolveu ao longo do tempo a vida dos grupos humanos.


O coñecemento do PASADO HISTÓRICO, da idiosincrasia de cada unha das diferentes sociedades, da evolución do ser humano ata a actualidade, así como dos problemas máis significativos cos que nos fomos atopando ao longo do tempo é a base fundamental das decisións futuras que os nosos estudantes podan tomar na súa vida.


A mellor maneira de NON REPETIR OS ERROS DO PASADO é TENDO UN PROFUNDO COÑECEMENTO DEL. Son moitos os conflitos nos que as persoas nos vimos envoltos ao longo do tempo, moitos os dereitos que foron vulnerados, moitos os danos inflixidos a diferentes grupos étnicos, moitas as persoas en risco de exclusión social, e queriamos que o noso alumnado soubera como foi, que pasou, por que se produciu e que podemos facer para que non volva a ocorrer.


Esto favorece a convivencia e potencia o grado de compromiso dos nosos nenos e nenas para mellorar a sociedade actual, unha sociedade que os alumnos deben e queren construir coa súa implicación e compromiso persoal e colectivo, de maneira participativa e democrática.


Así dende o noso colexio partimos da BIBLIOTECA ESCOLAR como instrumento compensador de desigualdades e diseñamos múltiples actividades, elaboramos materiais, organizamos saídas etc encamiñadas a este coñecemento do noso pasado e por ende, á mellora da competencia social e cidadá.